Pasar al contenido principal

Por que colexiarse

Que significa ter un Colexio Profesional

Para responder, imos darlle a volta a pregunta.

Que significa non ter un Colexio Profesional? Non ter un Colexio Profesional significa que segundo a lei española a profesión de enxeñaría en informática non existe: un claro prexuízo para enxeñeiros e enxeñeiras en informática e tamén para toda a sociedade.

Colexiarse ten moitas vantaxes. O apoio a todos os enxeñeiros e enxeñeiras é o primeiro.
Un colexio profesional unido e pola defensa de todos os enxeñeiros e enxeñeiras

Ter un Colexio Profesional significa que todos os enxeñeiros e enxeñeiras están representados por esta corporación de dereito público.

¿Por que un colexio profesional?

Sen entrar a discutir este punto, podemos amosar uns feitos.

É un feito que en España todos os enxeñeiros e enxeñeiras teñen un Colexio Profesional. O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia representa a todos os profesionais en todos os ámbitos, polo que debemos tomar conciencia de que o Colexio Profesional é, hoxe, unha organización necesaria.

Por outra banda, segundo a lei española, o exercicio dunha profesión está regulado polos Colexios Profesionais. Sen un Colexio Profesional, a lei nin sequera recoñecería que a nosa profesión existe, algo claramente prexudicial para nós como enxeñeiros e enxeñeiras en informática, senón para toda a sociedade.

Estou en contra de todos os colexios profesionais ¿Non sería mellor acabar con todos os colexios profesionais?

Independentemente de que fose mellor ou non, hoxe en día parece un obxectivo irreal.

Cales son as funcións dun colexio profesional. Informática non ten atribucións profesionais. O Colexio sen atribucións non serve para nada.

De todas as as funcións que a lei asigna a un colexio, só a primeira está relacionada coas súas atribucións.

O Colexio ten moitas atribucións como por exemplo:

  • Exercer cantas funcións lle sexan encomendadas pola Administración e colaborar con esta mediante a realización de estudios, emisión de informes, elaboración estatísticas e outras actividades relacionadas cos fins que poden serlles solicitadas ou acorden formular por propia iniciativa.

  • Representar que establezan as leis para o cumprimento dos seus fins.

  • Participar nos Consellos ou Organismos consultivos da Administración na materia de competencia de cada un das profesións.

  • Estar representados nos Padroados Universitarios

  • Participar na elaboración dos planes de estudio e informar das normas de organización dos Centros docentes correspondentes ás profesións respectivas. Tamén deben manter permanentemente o contacto cos mesmos e preparar a información necesaria para facilitar o acceso á vida profesional dos novos profesionais.

  • Representar e defender a profesión ante a Administración, Institucións, Tribunais, Entidades e particulares, con lexitimación para ser parte en cantos litixios afecten ós intereses profesionais e exerciten o dereito de petición, conforme a lei, sen prexuízo do disposto no apartado 3(2) do artigo 1º desta lei.

  • Facilitar ós Tribunais, conforme ás leis, a relación dos colexiados que puideran ser requiridos para intervir como peritos nos asuntos xudiciais, ou designalos por eles mesmos, segundo proceda. O Colexio ten obriga de crear e xestionar o seu Corpo Oficial de Peritos.

  • Ordenar no ámbito da súa competencia a actividade profesional dos colexiados e colexiadas, velando pola ética e dignidade profesional, e polo respecto debido ós dereitos dos particulares. Exercer a facultade disciplinaria na orde profesional e colexial.

  • Organizar actividades e servizos de común interese para os colexiados e colexiadas, de carácter profesional, formativo, cultural, asistencial e de previsión e outros análogos, provendo ó sostemento económico mediante os medios necesarios.

  • Procurar a harmonía e colaboración entre os colexiados e colexiadas, impedindo a competencia desleal entre eles.

  • Adoptar as medidas que conduzan a evitar a intrusión profesional.

  • Intervir, na vía de conciliación ou arbitraxe, nas cuestións que, por motivos profesionais, se susciten entre os colexiados e colexiadas.

  • Resolver por laudo, a instancia das partes interesadas, as discrepancias que poidan xurdir sobre o cumprimento das obrigacións dimanantes dos traballos realizados polos colexiados e colexiadas no exercicio da profesión.

  • Establecer baremos de honorarios con carácter orientador.

  • Informar nos procedementos xudiciais ou administrativos nos que se discutan honorarios profesionais.

  • Encargarse do cobro das percepcións, remuneracións u honorarios profesionais cando o colexiado ou colexiada o solicite libre e expresamente, nos casos no que o Colexio teña creados os servizos adecuados e nas condicións que determinen os Estatutos de cada Colexio.

  • Visar os traballos profesionais dos colexiados e colexiadas, cando así se estableza expresamente nos Estatutos xerais. O visado non comprenderá os honorarios nin as demais condicións contractuais cuxa determinación se deixe ó libre acordo das partes.

  • Organizar, no seu caso, cursos para a formación profesional dos posgraduados.

  • Facilitar a solución dos problemas de vivenda ós colexiados, a cuxo efecto, participarán os Padroados oficiais que para cada profesión cree o Ministerio de Vivenda.

  • Cumprir e facer cumprir ós colexiados e colexiadas as Leis xerais e especiais e os Estatutos profesionais e Regulamentos de Réxime Interno, así como as normas e decisións adoptadas nos Órganos colexiais na materia da súa competencia.

  • Cantas outras funcións redunden en beneficio dos intereses dos profesionais dos colexiados e colexiadas.

Estas funcións son outorgadas por lei. Como simple asociación, a lei non garante nada disto.

Como asociación podería darse o caso de que saia unha lei que nos afecte, sin que ninguén nos informe, e moito menos nos consulte. Como Colexio, isto cambia.

É certo que como Colexio Profesional de enxeñaría en informática non temos atribucións. Pero sempre podemos recibilas. Se o Colexio non existe, xamais poderíamos ter esas atribucións.

E por último, non deixa de ser importante outra cuestión: aínda que o Colexio non impida o exercicio de certas funcións por parte doutros profesionais, serve para evitar que o exercicio de certas funcións se nos impida a nós. É dicir, ó existir o Colexio, existe a obrigación de informalo de toda nova normativa que lle afecte. De non existir, podería darse o caso de que outro colectivo promovese unha lei que esixise unha certa titulación (diferente de informática) para desempeñar funcións que nos corresponden, deixándonos efectivamente, fora das nosas propias atribucións.

Esto podédelo sacar adiante sen min.

Non.

Debes ter en conta que todo o feito ata agora, con acertos e erros, foi resultado do esforzo de persoas; persoas coma ti, con nome e apelido. O conseguido non ocorreu por inercia, nin foi un agasallo. O contrario, cada pequeno avance significou un grande esforzo que moitas veces non se coñece.

Ademais, o que non pode facer o Colexio é inventarse a representatividade. O número de persoas que forman parte do Colexio é FUNDAMENTAL. Dificilmente se nos tomará en serio se non temos un Colexio unido e forte. O feito de colexiarse xa é unha grande axuda a todos nós.

A forza da unión de enxeñeiros e enxeñeiras fai un Colexio forte
A forza da unión de enxeñeiros e enxeñeiras fai un Colexio forte

E directamente unido co anterior, o peso do Colexio, a súa forza está directamente relacionado co número de colexiados. O apoio, o significado, a forza non é a mesma se detrás túa tes a 1000 persoas ou a 10. Non é o mesmo.

Só podemos sacar isto adiante coa colaboración de todos.

Por eso, se es enxeñeiro ou enxeñeira en informática e aínda non estás colexiado, ¿a que esperas? Precisamos de ti, por iso che pedimos que inicies o proceso de colexiación neste formulario.

¿Pagará a pena a cota?

O CPEIG presta moitos servizos (listas de peritaxes, actividades de formación, formación, actividades, eventos...) e beneficiarán máis a uns colexiados que a outros. Pero en calquera caso, co reducido importe anual das cotas pensamos que si merece a pena pagar a cota. De todos os xeitos o Colexio é necesario para impulsar e defender a nosa profesión de xeito global.

Non quero que un colexio me esprema coas cotas. Sei o que pagan outros profesionais.

O que quere o CPEIG é que coas cotas dos seus colexiados e colexiadas o Colexio funcione de xeito adecuado ós intereses dos seus membros, cubrir gastos e en ningún caso asfixialos economicamente. As cotas fixadas en Asemblea son de 120 € anuais, que apenas son 10 € mensuais, que inclúen o seguro de responsabilidade civil e vantaxes dos servizos concertados ou a bolsa de emprego entre outras vantaxes por ser colexiado.