A pesar dos avances no uso responsable e a redución dalgúns riscos en liña, como o descenso do ‘sexting’, o 13,5% do alumnado presenta síntomas claros de malestar emocional e o 32% sufriu violencia dixital na parella
UNICEF España, Red.es, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello Xeral de Enxeñería Informática instan a unha estratexia conxunta para promover o benestar da infancia no ámbito dixital
Informe dispoñible AQUÍ
A infancia e a adolescencia en Galicia viven hoxe máis conectadas que nunca, un fenómeno que, aínda que ofrece oportunidades de aprendizaxe e socialización, tamén supón desafíos críticos para o seu benestar. Segundo o informe Infancia, Adolescencia e Benestar Dixital en Galicia, baseado nas respostas de 3.381 escolares de entre 10 e 20 anos de 25 centros educativos, na nosa comunidade o primeiro móbil chega de media aos 11 anos, e xa en 5º e 6º de primaria 4 de cada 10 nenos e nenas dispoñen de dispositivo propio; ademais, o 93,7% dos adolescentes enquisados participa polo menos nunha rede social.
Presentación estudo “Infancia, adolescencia e benestar dixital en Galicia”
O informe, que arroxa datos relativos a Galicia, foi presentado este xoves, 28 de maio, na facultade de Psicoloxía da USC no marco dunhas Xornadas organizadas por UNICEF Galicia co obxectivo de sensibilizar e promover a protección da rapazada na contorna dixital. Na presentación do estudo participaron María Montalvo, presidenta de UNICEF Galicia, Amparo Puente, directora adxunta de Administración, Finanzas y Fondos Europeos de Red.es, Juan José González Cid, secretario do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, e Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
“A exposición dixital temperá e sen acompañamento implica riscos que poden derivar en usos problemáticos e condutas inadecuadas, e isto asóciase con peor saúde mental e menor calidade de vida”. afirmou María Montalvo, presidenta de UNICEF Comité Galicia. “A situación en Galicia é moi similar á do resto do país: os riscos para a infancia no ámbito dixital non son un fenómeno local, senón un reto estrutural que preocupa a máis do 90% da cidadanía e que require da implicación e a coordinación de institucións, familias, escolas e sector privado. O benestar dixital debe abordarse desde a prevención, e desde as perspectivas da saúde, a convivencia, e a educación en dereitos” concluíu Montalvo.
Algúns dos datos máis relevantes da investigación son:
·Usos problemáticos e adiccións: O 4,7% dos adolescentes en Galicia realiza un uso problemático das redes sociais e o 1,2% presenta un posible trastorno por uso de videoxogos. Ademais, un 1,9% clasifícanse como xogadores problemáticos no ámbito das apostas e o xogo en liña.
·Consumo de pornografía: O acceso a contidos pornográficos prodúcese, de media, aos 11 anos. Aínda que consumo ocasional sitúase no 17,4%, un 6,8% dos adolescentes galegos mostra signos de consumo problemático.
·Saúde mental e risco suicida: O 13,5% do alumnado presenta síntomas claros de malestar emocional (ansiedade, depresión ou somatización). Especialmente alarmante é que un 7,6% presenta un risco suicida elevado. Este risco é significativamente maior entre as mozas (10,2%) fronte aos mozos (4,8%).
·Ciberacoso e Violencia: Un de cada dez menores galegos (1,2%) refire sufrir ciberacoso. No ámbito escolar xeral, a taxa de vitimización ascende ao 7,9%, inferior á de Vitimización tradicional (26,2%). Un de cada tres adolescentes (32%) ten sufrido violencia dixital na parella.
Nas diferentes áreas analizadas púidose comprobar a existencia de diferenzas significativas por idade, pero especialmente, por sexo. A maneira en que mozas e mozos se relacionan “na” e “coa” contorna dixital é relativamente diferente, con riscos e patróns de uso problemático tamén diferentes. Isto xustifica a necesidade de adoptar decididamente un enfoque de xénero á hora de deseñar novas políticas de prevención.
Pola súa banda, Amparo Puente, directora adjunta de Administración, Finanzas y Fondos Europeos de Red.es —entidad adscrita al Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública a través de la Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial— sinalou que “la digitalización de la infancia nos interpela como sociedad en su conjunto”. En este sentido, ha subrayado que el compromiso del Gobierno de España pasa por impulsar un entorno digital que acompañe el desarrollo de los menores en todas sus dimensiones, desde la educación hasta la convivencia y el bienestar emocional. Asimismo, ha destacado que iniciativas como Infancia Digital y el amplio conocimiento que nos ofrecen sobre el momento presente, nos permite avanzar hacia políticas más ajustadas a la realidad, incorporando la perspectiva de los propios jóvenes y reforzando un enfoque preventivo y de corresponsabilidad entre todos los actores implicados, administración pública, sociedad civil, ecosistema escolar y empresas tecnológicas”.
Para rematar, Juan José González Cid, secretario do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, engadiu "Hoxe os menores non simplemente usan tecnoloxía: crecen dentro de ecosistemas dixitais deseñados para captar atención e influír en comportamentos. Por iso xa non abonda con falar de tempo de pantalla; debemos falar tamén de deseño responsable, transparencia algorítmica, educación dixital crítica e protección efectiva da infancia na contorna dixital. Desde o CCII defendemos que a tecnoloxía non é neutral e que a industria tecnolóxica debe asumir un papel activo na construción de espazos dixitais máis seguros, saudables e inclusivos para nenos, nenas e adolescentes. Porque o benestar dixital tamén se deseña".
A voz da rapazada galega: conversa con Lucía Regueiro
Trala presentación do estudo, Lucía Regueiro, actriz, presentadora e Amiga de UNICEF Galicia conversou con dous adolescentes das temáticas clave que lles preocupan, entre elas o impacto das redes sociais na súa saúde mental: “Non creo que a solución sexa prohibilas. Simplemente temos que saber como utilizalas, que sexan unha ferramenta”, apunta Alfredo, 17 anos, Tomiño. “Queremos que os nosos pais e o profesorado nos axuden a comprender os perigos, que nos acompañen nesta viaxe”, engadiu Elda, 14 anos, do Rosal.
Ambos manifestaron preocupación pola súa privacidade; o acoso escolar e o ciberacoso e salientaron como o 60% do seu entorno manifesta certa necesidade de desconexión dixital, porque queren favorecer o descanso, a concentración e o equilibrio na súas vidas cotiás.
Para rematar fixeron fincapé na intranquilidade que supón para eles a desinformación ou os contidos fraudulentos: “Danme medo os discursos de odio e as correntes de pensamento nocivas”. Rematou Alfredo.
Abordaxe do uso da tecnoloxía dende a psicoloxía, o ámbito educativo e as familias
Por outra banda, na mesa redonda composta por Ricardo Fandiño Pascual, coordinador da Comisión Intersectorial da Infancia e a Adolescencia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, José Manuel Rego García, director do CEIP Manuel Sueiro de Ourense e Rogelio Carballo Solla, presidente de CONFAPA-GALICIA, púxose o foco nas implicacións dun acceso temperá ao móbil e as redes sociais no benestar emocional de nenos, nenas e adolescentes, que pode conducir a ansiedade, somatización ou depresión nun momento clave para o seu desenvolvemento e da importancia de regular o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos. Incidiuse tamén nas consecuencias do consumo de pornografía e como esta impacta en datos como que1 de cada 3 adolescentes en Galicia sofre violencia dixital na parella, a través de control e chantaxes, constatando a necesaria educación afectivo-sexual nos centros educativos.
Propostas
Ante estes resultados, UNICEF España e as entidades colaboradoras propoñen medidas concretas para a rexión:
• Impulsar a coordinación entre familias, escolas, administracións, sector tecnolóxico, medios, sociedade civil e investigadores para unha acción coherente e eficaz, baseada no principio do interese superior do menor.
• Elaborar estratexias específicas e consensuadas que garantan a protección á infancia e adolescencia en contornas dixitais.
• Recoñecer os usos problemáticos da tecnoloxía como un asunto de saúde pública.
1. Equiparar a violencia dixital á física en termos de protección.
2. Integrar a prevención dixital en atención primaria.
3. Capacitar a profesionais en todos os ámbitos administrativos.
4. Asegurar infraestruturas dixitais seguras.
5. Crear espazos de desconexión dixital para actividades culturais e comunitarias.
• Asegurar que ao rematar a educación obrigatoria se dominen as competencias dixitais necesarias.
• Limitar o accesoa contidos e servizos inadecuados.
• Esixir ás compañías tecnolóxicas a rendición de contas sobre o impacto dos seus produtos nos dereitos da infancia, independentemente do seu sector, tamaño, localización ou madurez; e promover informes corporativos sólidos que contribúan a mellorar os resultados para a infancia e ao desenvolvemento do marco regulatorio europeo.
UNICEF pide á sociedade que esixa á industria tecnolóxica un algoritmo seguro para os nosos adolescentes.
Para que a tecnoloxía sexa segura, os algoritmos deben ser transparentes e ter un deseño responsable, por iso UNICEF España lanza a campaña Algoritmo seguro xa, que busca mobilizar á sociedade para esixir á industria tecnolóxica un algoritmo seguro para os adolescentes. O obxectivo é levar as firmas á próxima edición do Mobile World Congress e lograr que empresas do sector tecnolóxico se comprometan para deseñar algoritmos e produtos que aseguren os dereitos da infancia e a adolescencia na contorna dixital, así como que haxa un espazo específico para niños, niñas y adolescentes.
O informe Infancia, Adolescencia e Benestar Dixital: Resultados Galicia é froito da colaboración entre Red.es, UNICEF España, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consejo General de Colegios de Ingeniería Informática (CCII), coa colaboración da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional de Galicia. Os datos foron recollidos entre novembro de 2024 e xuño de 2025.