¿Que é o CPEIG?
O CPEIG é o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. É unha corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro e que se regula polos estatutos aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo.
É unha entidade sen ánimo de lucro.
¿Quen representa o CPEIG? A Xunta de Gorberno do CPEIG.
A Xunta de Goberno é o órgano executivo e representativo do Colexio.
Durante o periodo 2019-2023, a Xunta de Goberno está formada por:
- Presidente: Fernando Suárez Lorenzo
- Vicepresidenta: Susana Ladra González
- Secretario: Juan José González Cid
- Vicesecretario: Roberto Vieito Raña
- Tesoureiro: Francisco Javier Rodríguez Martínez
- Vicetesoureira: Lorena Otero Cerdeira
- Vogal: Benigno Rosón Calviño
- Vogal: María Pilar Vila Avendaño
- Vogal: José Manuel Vázquez Naya
- Vogal: Iván Luis Vázquez
Para unha mellor organización e distribución da labor da Xunta de Goberno, creáronse as seguintes comisións.
- Comisión Cluster TIC
- Comisión de Emprego
- Comisión de Formación
- Comisión de Imaxe Corporativa
- Comisión de Información
- Comisión de Peritaxes e Arbitraxe
- Comisión de Promoción da Profesión
- Comisión de Protección de datos
- Comisión de Relacións Institucionais
- Comisión de Réxime Interno
- Comisión de Visados e Asesoramento
- Comisión de Igualdade