Pasar al contenido principal

Servizos concertados

A colexiación é un claro exercicio de apoio á enxeñaría en informática, a tódolos compañeiros e compañeiras e de reivindicación da profesión, pero o colexio desexa que a propia colexiación teña un grande valor engadido para as colexiadas e colexiados. Este valor engadido, conséguese mediante a firma de convenios de común interese, os cales se materializan en vantaxes, condicións especiais e descontos para todos os seus membros. Ser colexiado ten vantaxes.

O contido desta sección é meramente informativo, polo que o CPEIG non se fai responsable da calidade final dos produtos ou servizos que se inclúen na mesma, nin de que as condición ofertadas se manteñan en vigor co transcurso do tempo, polo que recomendamos que antes de contratar un servizo se consulte a súa vixencia, ben coa empresa, ben co colexio. E só poderá ser visto polas colexiadas e colexiados ou precolexiadas e precolexiados.

Nestes momentos hai servizos concertados ou convenios nas seguintes áreas:

Se precisa máis información pode atopala no correo electrónico informacion [@] cpeig.gal ou nestes formulario de contacto.