O portal do colexio ofrece aos seus colexiados e colexiadas unha bolsa de emprego. As ofertas publicitadas deberán ser adecuadas e os coñecementos dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática.
A bolsa de emprego ten por tanto un dobre obxectivo. Por unha banda é un servizo máis para os colexiados e colexiadas. Pola outra, serve como medio de promoción das figuras do enxeñeiro e da enxeñeira en informática no ámbito empresarial.
Como remitir unha oferta de emprego
Se desexa remitir unha oferta á bolsa de emprego pode utilizar o formulario electrónico de envío de ofertas de emprego.
Unha vez que a Comisión de Emprego de revise que a oferta de emprego cumpre todas as condicións necesarias, difundirá a oferta de emprego entre os colexiados e colexiadas que as desexen recibir. E serán eles e elas quen decidan enviar ou non o seu CV ao contacto indicado na oferta. A Comisión de Emprego do CPEIG non enviará ningún dato de colexiados e colexiadas a ningunha empresa demandante de profesionais.
Como condición, en Xunta de Goberto aprobouse a obrigatoriedade de introducir o salario que se ofrece, ou como mínimo especificar un rango salarial nas ofertas de emprego achegadas, non sendo válidas fórmulas como "a convir" ou similares.
Como recibir as ofertas de emprego
A bolsa de emprego é un servizo que unicamente se ofrece ós colexiados e ás colexiadas do CPEIG. Para recibir as ofertas de emprego o colexiado ou colexiada debe suscribirse á lista de correo de ofertas de emprego. A partires dese momento, recibirá as ofertas de emprego que se remitan.