Pasar al contenido principal

Cibergal 2026

O VI Encontro CIBER.gal 2026, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago, contará con tres xornadas, diferentes públicos, e un mesmo reto: a ciberseguridade.

Disporá dunha programación pensada para abordar a seguridade dixital desde diferentes perspectivas:

  • Administracións públicas
  • Empresas e profesionais
  • Cidadanía 

Haberá conferencias, mesas, actividades e espazos para compartir coñecemento e analizar os desafíos dunha contorna cada vez máis dixital.

Xornada Garda Civil

A Xefatura da Comandancia da Coruña organizou unha xornada formativa sobre custodia de evidencias dixitais en Santiago, onde lle fixo entrega dun obsequio institucional ao vogal do CPEIG, Iván Luis Vázquez, que participou no evento como relator.

A instrucción, impartida no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago, capacitou aos axentes na detección e intervención de fontes de proba electrónicas. O programa práctico profundizou no empaquetado seguro, etiquetado e estricta preservación da cadea de custodia en teléfonos móbiles, ordenadores e contornas na nube.

Premio CPEIG no IX Congreso XoveTIC

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou no IX Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña, onde se recoñecen os mellores traballos científicos, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e as comunicacións.

cartel campaña Unicef #AlgoritmoSeguroYa

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anuncia a súa adhesión oficial á campaña de UNICEF denominada «#AlgoritmoSeguroYa: La Lección», unha iniciativa orientada a concienciar e mobilizar á sociedade e ao sector tecnolóxico sobre o impacto que o deseño dos algoritmos das redes sociais ten no benestar emocional e a saúde mental dos nenos, nenas e adolescentes.

Xornada Cámara de Comercio de Santiago

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, interviu o pasado 23 de setembro na xornada 'Ciberseguridade na empresa: previr, protexer e responder', que se celebrou no Club Cámara Noroeste.

Foi unha sesión gratuíta organizada pola Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña no marco do Program Pyme Cibersegura.

 

Inauguración Curso Superior de Administración Electrónica 2026

Fernando Suárez, presidente: “A verdadeira transformación dixital consiste en aproveitar a tecnoloxía para repensar como facemos as cousas e permitir que os empregados públicos poidan dedicar máis tempo a aquilo no que as persoas son insubstituíbles”

Miguel Ángel Domínguez, presidente de Alastria: “La IA no sustituye al procedimiento administrativo, lo cumple más deprisa y con más garantías, si la administración marca las reglas”

charla no CHUS

O  presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, ofreceu hoxe unha charla no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), titulada ‘REDES, IA E TI. Como usalas sen que te usen’.

Na xornada, destinada a pacientes mozos do servizo de psiquiatría do hospital, Fernando Suárez ofreceu unha serie de pautas para facer un uso seguro de Internet, previr o ciberacoso e os riscos no uso das redes sociais, co fin de axudalos a manter unha convivencia sa, responsable e enriquecedora coa tecnoloxía.
 

Olimpíada Internacional de Informática 2026

O mozo, que iniciará este curso un dobre grao de Matemáticas e Enxeñaría Física na Universidade Politécnica de Cataluña, enfrontouse a máis de 370 estudantes de 97 países diferentes

“Foi  unha semana na que te xuntas con xente de todo o mundo con intereses parecidos aos teus, fas moitos amigos e desfrutas dun tempo nun país novo”

Volta ao cole

Fernando Suárez, presidente: “A informática debe ser unha disciplina central no programa escolar para axudar a comprender o mundo que habitamos”

Convenio Navega con rumbo 2026

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da entidade, Fernando Suárez, asinan o convenio para desenvolver unha nova edición desta iniciativa nos centros educativos 

O programa chegará a 240 colexios e institutos con charlas de concienciación para o estudantado, profesorado e familias sobre prevención do ciberacoso e outros riscos