O colexio, como entidade ofrece servizos tanto ós seus colexiados e colexiadas como a cidadanía.
Servizos para colexiados e colexiadas
Unha das funcións principais do CPEIG é proporcionar aos seus colexiados e colexiadas os servizos e actividades que sexan de interese común, e ofrecer un maior valor engadido á súa colexiación:
- Bolsa de emprego: os membros que así o desexen poden darse de alta nesta lista para recibir as ofertas de emprego que se difunde dende o propio colexio.
- Seguro de Responsabilidade Civil: dende o 2009, hai unha partida orzamentaria para a contratación dun seguro de responsabilidade civil no que o colexio figura como tomador do seguro e cada colexiada e colexiado como asegurada e asegurado. Este seguro é universal, e polo tanto obrigatorio, e está incluido na cota de colexiación. Só por ser membro estarás incluido neste Seguro de Responsabilidade Civil. Existen outras modalidades con maiores coberturas.
- Corpo Oficial de Peritos: unha das obrigas do colexio é manter un Corpo Oficial de Peritos, e por eso, aqueles colexiados e colexiadas que así o desexen poden formar parte do Corpo Oficial de Peritos.
- Actividades remuneradas: como por exemplo o programa Navega con Rumbo, Programación nas Escolas, auditaIT... Todas elas reservadas para os membros.
- Publicación de artigos: a posibilidade de publicar artigos nos medios de comunicación a través do gabinete de prensa do CPEIG.
- Formación: o colexio organiza ou concerta cursos de diferentes temáticas con importantes vantaxes para os colexiados e as colexiadas.
- Servizos concertados: entidades bancarias, servizos de saúde, librarías, servizos legais, equipamento informático, hostalaría... O colexio concerta convenios con multitude de entidades para ofrecer vantaxes salientables a todos ós seus membros.
- Xornadas, actos, eventos: o colexio organiza multitude de eventos como os Tres14.pm, durante todo o ano, pero garda especial relevancia A Noite que se celebra dende 2008.
- Libros: o colexio tamén realiza publicación de libros, aos que as colexiadas e colexiados poden ter acceso.
- Visado de documentos: ante a necesidade de outorgar validez a un documento o colexio, como autoridade competente que é, ten a capacidade para realizar visados, mediante a Comisión de Visados e Asesoramento.
Servizos á cidadanía
Así mesmo, o colexio, na súa faceta de labor social, tamén pretende poñer en funcionamente servizos de cara a cidadanía, e ofrece tanto a particulares, como a empresas, administracións e demáis asociacións :
- Corpo Oficial de Peritos: toda persoa, empresa ou administración que precise da realización dunha peritaxe ten á súa disposición o Corpo Oficial de Peritos do CPEIG.
- Bolsa de emprego: aquelas persoas, empresas ou organismos que desexen difundir unha oferta para enxeñeiros e enxeñeiras de informática, máster ou equivalentes poderá facelo sen custe con só encher un formulario.
- Charlas: o colexio dada a súa experiencia nas TIC, e en programas como o Navega con Rumbo pode abordar charlas de concienciación do uso responsable de internet, ou redes sociais.
- Outros servizos: se non atopa o servizo que precisa, pódese por en contacto con nós enchendo este formulario e axudaremos en todo o posible.