Durante a Asemblea Xeral Ordinaria do colexio celebrada o 13 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela, foi aprobada unha partida orzamentaria para a contratación dun seguro de responsabilidade civil (RC) no que o colexio figurará como tomador do seguro e cada colexiada ou colexiado individual como asegurada ou asegurado.
Por este motivo, o devandito seguro de responsabilidade civil non suporá custe adicional para o colexiado ou colexiada, e dicir, a prima do seguro estará incluída na súa cota de colexiación.
Así mesmo, o colexio, na súa Xunta de Goberno do 19 de decembro de 2008, acordou que este seguro será universal, e por tanto obrigatorio a tódalas persoas colexiadas do CPEIG. Esta obrigatoriedade preséntase á sociedade como un valor engadido das súas e dos seus profesionais.
O seguro de responsabilidade civil conta con diferentes opcións de cobertura. A opción básica é obrigatoria (incluida na cota de colexiación), e deberase cubrir o correspondente formulario de adhesión ao seguro.
Aquelas persoas colexiadas que o desexen poden ampliar o límite da cobertura básica asegurada marcando algunha das opcións que se indican a tal efecto no formulario de adhesión extendido ao seguro.
No caso de realizarse unha ampliación da cobertura é importante sinalar que a prima indicada para cada unha das opcións dentro do formulario de adhesión extendido ao seguro aplícase a maiores da básica. De ser este o caso, o colexio remitirá anualmente un recibo bancario para o cobro da diferenza.
Ademáis, existe outra modalidade de póliza aberta ás sociedades formadas polos membros colexiados. Esta adhesión outorga cobertura de RC profesional e RC xeral ás empresas do sector informático. Para elo deberán encher o formulario de adhesión ao seguro para sociedades.
Para unha maior información sobre as coberturas e funcionamento é posible consultar as condicións particulares, anexos e condicións especiais do seguro. Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co colexio.