Pasar al contenido principal

Corpo Oficial de Periciais

¿Que é o Corpo Oficial de Periciais, o COP?

O Corpo Oficial de Peritos (COP) é o conxunto dos enxeñeiros e enxeñeiras habilitados para exercer como perito informático. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia mantén unha lista única de peritos que se pon a disposición dos axentes xudiciais.

Cuerpo Oficial de Periciales del CPEIG

Os peritos poden desempeñar os seguintes perfís:

  • Perito de parte: en procesos xudiciais, é o perito contratado por unha das partes. O perito e o seu informe son elementos de proba con validez xurídica.
  • Perito xudicial: en axuda da Xustiza, é chamado por xueces ou maxistrados. O perito aporta unha opinión profesional cualificada e independente no esclarecemento de feitos ou obxectos relacionados coa informática.

Os peritos que forman parte do COP están suxeitos a Directriz 1005.3: Creación e funcionamento do corpo oficial de peritos. Esta directriz garante o cumprimento do código de conducta de tódolos peritos.

Como solicitar unha peritaxe

Se precisa os servizos dun perito pode poñerse en contacto coa Comisión de Peritaxes e Arbitraxes a través do deste formulario.

Marco legal

Xustiza, Corpo Oficial de Peritos do CPEIG

O colexio de enxeñaría en informatica, por existiren, ten obriga de crear e xestionar o seu Corpo Oficial de Peritos. O CPEIG recolle nos seus Estatutos, que unha das funcións propias é cooperar coa Administración de Xustiza e organismos oficiais.

O CPEIG coopera na designación de colexiados ou colexiadas que puidesen ser requiridos para a realización de informes, ditames, taxacións, peritaxes ou calquera outra actividade profesional.

O Artigo 340 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de enxuizamento civil recolle as seguintes condicións para os peritos:

  1. Os peritos deberán posuír o título oficial que corresponda á materia obxecto do ditame e á natureza deste. Se se tratare de materias que non estean comprendidas en títulos profesionais oficiais, haberán de ser nomeados entre persoas entendidas naquelas materias.

  2. Poderá así mesmo solicitarse ditame de Academias e institucións culturais e científicas que se ocupen do estudo das materias correspondentes ao obxecto da pericia. Tamén poderán emitir ditame sobre cuestións específicas as persoas xurídicas legalmente habilitadas para iso.

  3. Nos casos do apartado anterior, a institución á que se encargue o ditame expresará á maior brevidade que comparece ou persoas encargaranse directamente de preparalo, ás que se esixirá o xuramento ou promesa previsto no apartado segundo do artigo 335.

O Artigo 457 da a Lei de 1882 de enxuizamento criminal recolle o seguinte:

"Os peritos poden ser ou non titulares. Son peritos titulares os que teñen título oficial dunha ciencia ou arte o exercicio da cal estea regulamentado pola Administración. Son peritos non titulares os que, carecendo de título oficial, teñen, non obstante, coñecementos ou práctica especiais nalgunha ciencia ou arte."

Art. 458 LEC. O Xuíz valerase de peritos titulares. CPEIG

Así mesmo, o Artigo 458 da a Lei de 1882 de enxuizamento criminal recolle o seguinte:

"O Xuíz valerase de peritos titulares con preferencia aos que non tivesen título."

 

Independementemente de toda as cuestións descritas anteriormente, as peritaxes informáticas constitúen unha oportunidade profesional á que se pode optar como colexiado ou colexiada do CPEIG.

Requisitos para pertencer ao Corpo Oficial de Peritos

A pertenza ó COP é un servizo que unicamente se ofrece a colexiadas e colexiados.

Aqueles interesados en formar parte do COP deberán cumprimentar o formulario de alta no Corpo Oficial de Peritos. Ó seren membros do COP estarase suxeito á Directriz 1005.3: Creación e funcionamento do corpo oficial de peritos, na cal se establecen as normas deste corpo.

Membros do Corpo Oficial de Peritos do CPEIG

A continuación publicase o listado onde poderá consultar a lista do Corpo Oficial de Peritos do vixente ano.

Os datos persoais contidos neste listado non se poden utilizar con fins de publicidade ou prospección comercial. 

Documentos de este artículo