Pasar al contenido principal

Conectando Xeracións coa tecnoloxía

Conectando Xeracions

Esta actividade enmarcase no "Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital".

Cun formato de concurso e premios, exponse a creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos: vídeos curtos, musical ou audioblog, creados entre nen@s cos avós de forma conxunta. Non é necesario que exista un vínculo familiar xa que o concurso ten como finalidade demostrar que a tecnoloxía tamén os une.

A dotación do premio é de dúas tablets de 10" para cada unha das categorías do concurso: vídeo, musical e audioblog.

Para compartir o voso proxecto podedes utilizar calquera ferramenta que vos permita compartir arquívos tipo Wetransfer, Dropbox, etc

Lugar e plazo de presentación:

Os proxectos deben enviarse por correo electrónico a conectandoxeracions@cpeig.gal indicando no asunto Premio Conectando Xeracións + categoría escollida. 

Deberán achegar cuberta e asinada a autorización para a participación no concurso "Conectando Xeracións coa Tecnoloxía" e a difusión posterior dos contidos audiovisuais, non admitindo nengún proxecto sen a correspondente autorización.

O prazo de presentación do proxecto remata o 20 de octubro de 2020.

O xurado do premio estará composto por 5 membros: Presidente, Secretario e 3 vogais. Exercerán como Presidente e Secretario os cargos respectivos do CPEIG.

O fallo do xurado será publicado no portal do colexio www.cpeig.gal e nas súas redes sociais.


Condicións de participación

No correo electrónico enviado a conectandoxeracions@cpeig.gal deberán achegar cuberto e asinada a autorización para a participación no concurso "Conectando Xeracións coa Tecnoloxía" e a difusión posterior dos contidos audiovisuais.

Non se admitirá nengún proxecto sen a correspondente autorización.

 

Conectando Xeracions