O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, ofreceu hoxe unha charla no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), titulada ‘REDES, IA E TI. Como usalas sen que te usen’.
Na xornada, destinada a pacientes mozos do servizo de psiquiatría do hospital, Fernando Suárez ofreceu unha serie de pautas para facer un uso seguro de Internet, previr o ciberacoso e os riscos no uso das redes sociais, co fin de axudalos a manter unha convivencia sa, responsable e enriquecedora coa tecnoloxía.