Oíches falar da intelixencia artificial?

Oíches falar da intelixencia artificial?


É tamén vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG). É membro do Laboratorio de Bases de Datos, onde desenvolve a maior parte da súa investigación. As súas principais liñas de investigación son algoritmos e estruturas de datos compactas para a recuperación de información, compresión, bioinformática e minería de datos en volumes de datos masivos. É autora de diversas publicacións en revistas científicas, participando en numerosos congresos internacionais de relevancia. Realizou estancias de varios meses no CSIC, na Universidade de Chile, na Universidade Diego Portales, na Universidade de Helsinki e na Universidade de Waterloo. Foi coordinadora dun proxecto europeo sobre o procesado de datos masivos en recuperación de información e bioinformática, e dun proxecto nacional sobre procesado eficiente de Big Data espazo-temporal. Debido á súa traxectoria, foi galardoada cun dos tres premios MSCA 2018 Award na categoría “Bridging ( Career)  Paths” outorgado pola Presidencia Austríaca do Consello da Unión Europea, o Premio Ada Byron polo CPEIG, e co Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información, outorgado pola Sociedade Española de Recuperación da Información.

Data do encontro
Mércores 20 ás 12:15h
Inscríbete