Pasar al contenido principal

A Noite La Unión

Trala festa da enxeñaría en informática de Galicia –A NOITE 2019–, que celebramos o pasado venres 28 de xuño en Santiago, agora temos aquí as imaxes dos momentos máis destacados da gala, presentada polo actor Luis Zahera: recepción dos invitados, cóctel, entretemento de maxia e realidade aumentada, entrega de Premios do CPEIG e a actuación do grupo La Unión. Moitas grazas a todos pola vosa asistencia e esperamos que o pasarades en grande!

Ver galería

 

A NOITE 2019

Fernando Suárez, presidente do CPEIG: "Só guiándonos polos valores e a ética poderemos capturar todo o potencial da tecnoloxía para construír unha sociedade mellor, máis inclusiva e xusta"

 

O Colexio celebrou o venres 28 de xuño a súa gala en Santiago de Compostela e entregou os premios anuais da profesión ante uns 350 convidados

 

Óscar Blanco

Recollerá a distinción na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" o 28 de xuño en Santiago

Carlos Grau

 

Recollerá a distinción na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" o 28 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), no marco dos seus premios anuais de A Noite, outorga o premio Colexiado de Honra ao director xeral de Mobile World Capital Barcelona (MWCapital), Carlos Grau Lara, polo seu labor profesional no ámbito da tecnoloxías da información e as comunicacións, así como no desenvolvemento de negocio dixital.

Mobile Week Coruña

Celebrouse con éxito en novembro de 2018 co obxecto de achegar a transformación dixital á cidadanía, e este ano xa está confirmada a segunda edición

O presidente Mariano Gómez-Ulla recollerá a distinción na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" o 28 de xuño en Santiago

Premio Especial 2019

Recollerán a súa distinción na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" o 28 de xuño en Santiago

 

Alastria

 

Recollerá este recoñecemento na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" que se celebrará o 28 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concedeu o premio Iniciativa Empresarial da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" á asociación Alastria pola promoción da economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías descentralizadas como é o Blockchain.

Hijos de Rivera

Recollerá este recoñecemento na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" que se celebrará o 28 de xuño en Santiago

Camino de los Satélites

Recollerá o galardón na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" que se celebrará o vindeiro 28 de xuño en Santiago

 

Ceip Ponte dos Brozos

Foi seleccionado pola Unesco para o ranking dos sete centros destacados do mundo polas súas boas prácticas na aprendizaxe móbil

Recollerá o galardón na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" que se celebrará o vindeiro 28 de xuño en Santiago