A Orde indica que para acceder a esta praza funcionarial é preciso estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama
O próximo 30 de xuño, de 9:00 a 15:00 horas, celebrarase a IV edición local da WRO, Olimpíada Internacional de Robótica, na Cidade da Cultura no Gaiás, iniciativa organizada polo CPEIG, FEGAMP e Arkitas Robótica.
A WRO é unha Olimpíada na que nenos e nenas de Educación Primaria, ESO e Bacharelato compiten cos seus robots en distintas categorías e retos segundo idades. Esta competición conta cunha fase local, unha nacional, que este ano será en Platja d’Aro, Girona, e a internacional, que terá lugar en Tailandia en novembro de 2018.
O vindeiro 16 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela unha intensa sobre tecnoloxía e mulleres, titulada "A era tecnolóxica: un desafío para as empresas e os seus líderes", que organizan de forma conxunta AUDICON e a Asociación para el Progreso da Dirección (APD) e coa colaboración activa do noso colectivo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Executivas de Galicia, Mindset, e Valora Consultores. A xornada terá lugar no Auditorio Abanca (rúa do preguntoiro, 23), entre as 9:00 e as 14:30 horas.
O CPEIG colabora no encontro CIMS Gal 2018, organizado pola Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Cluster TIC Galicia. O evento celebrarase o vindeiro 14 de marzo na Cidade da Cultura. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, moderará unha mesa redonda sobre cidades seguras. Máis información e inscricións en http://cimsgal2018.gal/