Pasar al contenido principal

INEO firma convenio

Asinado un convenio para defender, de xeito coordinado, os intereses das empresas e os profesionais TIC

AJE

Ao abeiro dun convenio de colaboración asinado recentemente

Símbolo do CPEIG

O CPEIG quere expresar as súas condolencias polo recente falecemento do colexiado Fernando Magán Muñoz, quen desenvolvía o seu traballo no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O noso compañeiro Magán participou nas primeiras xuntanzas e na constitución da Asociación de Licenciados en Informática (ALIGA), xermolo do que hoxe é o noso colexio.

Unímonos á dor dos seus familiares e amigos, ao tempo que lle agradecemos a Fernando Magán o seu labor a prol do CPEIG e da nosa profesión.

Descanse en paz.

 

SXI

O presidente mantivo unha xuntanza de traballo coa secretaria xeral da Igualdade

Logo First Lego League Galicia

O vindeiro día 20 de febreiro terá lugar a segunda edición  da "FIRST LEGO League Galicia" na Coruña, coa organización da Universidade coruñesa e a participación de diferentes patrocinadores, ente eles o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

A FIRST LEGO League (FLL) é un programa que persegue o obxectivo de espertar na mocidade a curiosidade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía. Máis información na seguinte ligazón: http://www.udc.es/fll

Símbolo do CPEIG

O Grupo de Investigación de Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, NEG)  organiza os vindeiros  días 19 e 20 de febreiro un seminario para axudarlles ás familias e ao profesorado a avaliar os recursos tecnolóxicos que se empregan e que se poden empregar no ámbito do ensino: potencialidades, consellos para usalos de maneira axeitada, riscos dun mal emprego, etc.

A organización do evento requiriu a participación do CPEIG, que suma así unha iniciativa máis na difusión da importancia da formación en novas tecnoloxías na sociedade actual para todos os colectivos: nenas, nenos, nais, pais e educadores. Desde o CPEIG, consideramos que para entender o mundo actual é preciso ter coñecementos técnicos tanto para aproveitar as oportunidades que ofrece Internet como para coñecer os riscos aos que nos enfrontamos. 

Delegado Goberno

A colaboración para atallar a ciber violencia, centro da reunión que tivo lugar na Coruña

VII Premio PFC

A organización abriu o prazo de presentación das candidaturas, que remata o día 10 de maio

Símbolo do CPEIG

28 de xaneiro, día da protección de datos

Facultade de Informatica da Coruña

Dirixida ao público en xeral, comezará ás 11.30 H.