O CPEIG ofrece tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC
8 Octubre 2014O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2014-2015. A entidade colexial continúa así a súa aposta pola formación e a especialización dos profesionais da informática. O prazo límite de recepción das solicitudes para optar ás bolsas remata o día 30 de decembro.
O Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2014-2015 é eminentemente práctico.
[...]