Pasar al contenido principal

A Xunta estrea un tradutor web de español a galego

Web do traductor de galego vandal da Xunta

O traductor que permite traducir textos de ata 2.500 caracteres e páxinas web completas, o que facilita a lectura de contidos na nosa lingua.

Este tradutor vén a desenvolverse desde hai uns 2 anos e xa se distribuíron licenzas desta aplicación en concellos, no Parlamento de Galicia, nos centros de ensino, na Administración de xustiza, nos medios de comunicación e na Administración periférica do Estado, entre outras entidades, co que se pretende axudar á xeración de contidos en galego.

A nova ferramenta foi desenvolvida no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa empresa Incyta Multilanguage, e agora ponse á disposición de toda a cidadanía de balde.

Polo momento o tradutor só permite pasar textos de español a galego, pero xa se adxudicou nunha convocatoria pública a creación dun tradutor do inglés ao galego e viceversa.