Pasar al contenido principal

O workshop participativo "Implementación en España do Marco Profesional TIC Europeo" celébrase o día 13 da man do CCII

Madrid International Lab

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) organizará  o vindeiro 13 de decembro no "Madrid International Lab" un workshop participativo como parte do desenvolvemento en España do European ICT Professionalism Framework, iniciativa impulsada pola Comisión Europea.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participa en dous dos relatorios do workshop, posto que é o encargado a nivel nacional da coordinación do grupo de ética profesional, un dos catro alicerces do Framework.

A organización do workshop márcase como obxectivo dar a coñecer a información actualizada sobre a iniciativa da Comisión Europea de Marco Profesional TIC Europeo (European ICT Professionalism Framework, máis información) e proporcionarlle ás organizacións e profesionais interesados a posibilidade de achegar a súa visión,  así como de facer contribucións e reflexións en relación ás accións da súa implementación en España.

Aproveitando este marco, realizarase tamén a presentación de:

- Norma UNE-EN 16234-1 en materia de competencias dos profesionais TIC, publicada por AENOR, e que foi materializada no AEN/CTN 071/SC 428 "Profesionalidade das TIC e das competencias dixitais", con nutrida participación de enxeñeiros en informática e enxeñeiros técnicos en informática.

- A Norma CCII-N2016-02, norma técnica para a realización da documentación de proxectos en Enxeñaría Informática, materializada no grupo de traballo de visado de proxectos de CCII, e integrado por profesionais da enxeñaría informática dos diferentes colexios autonómicos.

 

O encontro organizado polo CCII é do máximo interese para os profesionais da enxeñaría informática e para todas as empresas e profesionais do sector TIC,  pero tamén vai dirixida a calquera outro sector usuario das TIC interesado en coñecer e mesmo participar na evolución da iniciativa impulsada pola Comisión Europea de Marco Profesional TIC Europeo.

Información, programa e inscrición

AENOR e CCII chegaron a un acordo para proporcionar a adquisición das normas UNE-EN 16234-1:2016 e UNE 157801:2007 a un prezo beneficioso para os asistentes ao workshop. Se desexa adquirir ambas normas, cumprimente e remítalle a AENOR o seguinte formulario: Bono Aenor-CCII.   

 

A páxina de rexistro de organizacións  interesadas en información e/ou participación no Marco Profesional TIC en España é : http://www.ccii.es/registroframework