A iniciativa "Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura", impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), visitará 10 concellos de Galicia durante este mes con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía.
Mentres nais e pais aprenden as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os posibles riscos, as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros prácticos para que se divirtan e aprendan.
Os obradoiros, dirixidos a nenos de entre 8 e 14 anos de idade, serán de iniciación á programación (orientada a robótica) e á electrónica (arduino, makey makey), co obxectivo que os participantes teñan unha primeira aproximación a cada unha destas materias.
Cunha duración de 4 horas e cun descanso no medio, os pequenos participantes poderán facer e crear Diversas actividades prácticas e realizar un proxecto sinxelo que ten comezo e final, de tal forma que vexan o resultado da súa programación.
O único requisito para poder asistir a estas charlas gratuítas é ser usuario da rede CeMIT e solicitar praza na localidade de interese, a través da web http://cemit.xunta.gal.
Calendario de actividades
10 xullo |
de 10 a 14 horas |
BOIRO |
Coruña, A |
19 xullo |
de 10 a 14 horas |
ARZÚA |
Coruña, A |
24 xullo |
de 10 a 14 horas |
CAÑIZA, A |
Ourense |
28 xullo |
de 10 a 14 horas |
CARBALLEDO |
Lugo |
14 xullo |
de 16 a 20 horas |
CASTRO CALDELAS |
Ourense |
17 xullo |
de 10 a 14 horas |
PADRÓN |
Coruña, A |
20 xullo |
de 10 a 14 horas |
RIBEIRA |
Coruña, A |
18 xullo |
de 10 a 14 horas |
VALGA |
Pontevedra |
21 xullo |
de 10 a 14 horas |
VIMIANZO |
Coruña, A |
13 xullo |
de 10 a 14 horas |
XUNQUEIRA AMBÍA |
Ourense |
A Rede CeMIT
Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.