Pasar al contenido principal

O CPEIG, convidado a intervir no encontro "Galicia 4.0, os retos da nova economía dixital"

xenerica

Mañá mércores, día 8 de novembro, estamos convidados a participar no encontro empresarial "Galicia 4.0. Camiño cara a unha industria intelixente. Os retos que presenta a nova economía dixital", que se celebrará no Club Financiero de Santiago, en horario de mañá, en colaboración co Igape e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD).

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, intervirá na mesa redonda "Camiño cara a unha industria intelixente en Galicia. Persoas e tecnoloxías", na que tamén argumentará Javier García Tobío, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e membro da Xunta de Goberno do CPEIG. Xunto a eles, intervirán, así mesmo, Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Manuel Gens, CEO de Gens Digital Incorporated. Clausurará o encontro o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

Segundo a organización do seminario "dixitalización é a palabra clave" e non adaptarse a esa nova revolución suporá o desprazamento e mesmo desaparición de empresas en poucos anos. Empresarios e directivos de pemes galegas, representantes de asociacións empresariais sectoriais e clusters, membros da universidade, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento son o público potencial da xornada.

Máis información:  http://circulo.gal/categorias/jornadas-industria-4-0-llave-para-la-mejora-de-la-competitividad-empresarial-de-galicia-3/