Pasar al contenido principal

Lucía Rodríguez Peña, de once anos, gañadora do Concurso de Postais do CPEIG

postal 2017

A nena de once anos de idade Lucía Rodríguez Peña, filla do colexiado Manuel Rodríguez Salgado, resultou gañadora do Concurso de Postais do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na edición deste ano.

Lucía Rodríguez recibirá un kit de robótica como premio ao seu traballo, unha postal que imita unha tableta co editor gráfico Paint e na que destaca a figura de Papa Noel como elemento principal, acompañada da frase "Bo Nadal 2017". O CPEIG empregará a postal de Lucía como a felicitación oficial para estas festas.

O xurado encargado da selección estivo integrado por Juan Otero, vicepresidente do CPEIG;  Roberto Vieito, vicesecretario; Francisco Javier Rodríguez Martínez, tesoureiro; Lorena Otero, vicetesoureira; e os vogais José Manuel Vázquez Naya e Javier García Tobío. 

A Xunta de Goberno do CPEIG transmítelle os seus parabéns a Lucía e á súa familia.

Felices festas e ventureiro ano 2018 para todos os integrantes do CPEIG!