Pasar al contenido principal

Pesar do CPEIG polo falecemento da primeira programadora galega, Ana María Prieto López

Crespon

O CPEIG recoñece a transcendencia para a profesión do labor da primeira programadora galega, Ana María Prieto López, que faleceu recentemente aos 76 anos 

 

O pasado 19 de xuño faleceu aos 76 anos a primeira programadora galega da que se tiña constancia, Ana María Prieto López (Santiago de Compostela, 1942). Desde o CPEIG queremos transmitir as nosas condolencias á familia e recoñecer o traballo desta profesional, traxectoria que xa está recollida no libro "A historia da informática de Galicia. Unha cronoloxía":

(1963) Ana María Prieto López realiza un curso de informática na firma Bull General Electric en Madrid, tras o cal é contratada como operadora. Logo fai un curso de COBOL e convértese na primeira muller programadora da empresa, e a primeira galega en programar computadores da que temos noticia. En 1969 trasládase a Compostela para traballar como programadora no centro de cálculo da Caixa de Aforros de Santiago, tarefa que realiza ata 1973. 

https://www.cpeig.gal/portal/system/files/107/2987/Libro_Historia_da_Informatica_en_Galicia.pdf