Pasar al contenido principal

O CPEIG e HUB asinan un convenio para ofrecer aos colexiad@s becas e descontos nos programas formativos da escola de negocios

Convenio HUB

O CPEIG e HUB Escuela de Negocios Digitales asinan un convenio de colaboración para realizar conxuntamente unha serie de actividades que beneficien a ambas entidades.

 

O acordo, dun ano de vixencia,  ofrece aos profesionais asociados ao Colexio profesional descontos na programación formativa da escola. Ademais ofrece dúas bolsas Talento. Para favorecer o emprego feminino no sector deas TIC, unha destas bolsas será destinada sempre a unha muller e unicamente no caso de non existir solicitude por parte dunha asociada poderán ser adxudicadas a dous asociados homes. Tamén se ofrecerán descontos nas tarifas para o uso dos espazos dedicados a co-working en HUB, e mesmo a inclusión nunha bolsa de emprego, acceso prioritario á Aceleradora de Proxectos HUB, e a asistencia preferente a todos os eventos organizados por HUB.