O vindeiro sábado, día 19 de xaneiro, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (ESEI) organizan un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 18 anos, iniciativa global Hora do Código (HourofCode) da Code.org. O obxecto é achegar á rapazada dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos.
As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse a longo do día (nas aulas da ESEI (Edificio Politécnico, Campus de Ourense). Toda a información sobre o evento e inscrición está dispoñible na web: http://horadocodigo2019.eventbrite.es/