O pasado 1 de xuño o colexio asinou un convenio co Centro On Caixa Galicia, acto no cal participaron o presindente do CPEIG, Fernando Suárez, e José Venegas Alonso, Director Xeral Adxunto de Caixa Galicia.
Este convenio permitirá aos/ás colexiados/as obter condicións vantaxosas en diversos produtos financeiros tales como depósitos, hipotecas ou préstamos personais.
Na sección de beneficios colexiais pode atoparse máís información sobre este convenio e as súas condicións.