Pasar al contenido principal

CPEIG e a AMTEGA pechan o programa TechKids cunha xornada de obradoiros de programación, pilotaxe de drons e realidade viritual

TechKids_xornada_final

 Un centenar de rapaces participou en outubro na Cidade da Cultura na sesión de peche dos talleres xuvenís de verán "TechKids", programa destinado a potenciar o talento dixital na mocidade galega

O congreso Mundos Digitales presentou en primicia a nova rede social de Facebook, baseada en realidade virtual e con escenarios recreados pola compañía española Illusorium Studios

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizou o domingo, 27 de outubro, a xornada final do programa "TechKids", talleres sobre programación, robótica, drons e animación 3D celebrados durante o verán nas Aulas CeMIT de Galicia. O evento celebrouse de 11:00 a 14:30 horas no Edificio do Centro de Innovación Cultural (Cinc) da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás s/n) en Santiago de Compostela.

A actividade, enmarcada no Programa de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent,  está destinada a estimular o talento precoz no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións, así como fomentar o atractivo vocacional de profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova. En concreto, un centenar de rapaces e rapazas de 10 a 17 anos participaron nunha xincana tecnolóxica con seis obradoiros diferentes.

Un dos talleres, "Tech escape room", está deseñado para rapaces de 10 a 15 anos. Baséase nun deseño orixinal, coas mulleres como protagonistas e uns obxectivos claros: fomentar o goce pola aprendizaxe e o rendemento académico, a motivación do público participante e desenvolver competencias relativas á capacidade de liderado, traballo en equipo e capacidade crítica. Nesta actividade, os participantes farán uso de contidos matemáticos para crear enigmas, xogos e crebacabezas que necesitarán resolver para poder escapar da sala na que estarán pechados.

Outra das actividades centrarase no mundo dos drons. Os rapaces, de 13 a 17 anos, que participan neste taller de "Drones Leo Racing" gozan da experiencia  de pilotar drons e aprenderán diferentes aspectos técnicos de maneira lúdica e activa. Para iso, a actividade comezará cunha sesión formativa sobre normas básicas e técnicas de voo, que poderán ser experimentadas de primeira man nunha zona de probas. Posteriormente farase unha demostración dun circuíto de obstáculos con zonas led. 

Ademais, os rapaces e rapazas de 10 a 14 anos participaron no taller "Microbit Experience", onde poderán facer divertidos programas para crear emojis en movemento, enviar mensaxes secretas entre as microbils, ademais de programar varios xogos, como o de fronte ou cruz ou a realizar un dado electrónico. Microbit é un computador programable de pequeno tamaño e con detección de movemento, un compás incorporado e tecnoloxía Bluetooth creado para a educación. Conta coa súa propia contorna de programación gráfica, un editor de bloques de JavaScrip, pero tamén se pode programar con outras linguaxes que permiten un nivel máis avanzado.

Para seguir cunha frenética mañá de xogos e experiencias, a organización incluíu o obradoiro de "Leap Motion", un sensor de movemento que permite controlar o computador mediante xestos que se realizan no aire. Os máis pequenos debuxarán no aire,  moverán estruturas ou construirán coas súas mans, todo reflectido nun videoxogo. Por exemplo, o xogo permite mover as mans coma se se estivese a dar a volta á bóla do mundo e navegar así por Google Maps.

O "Electric Paint" é un xogo que permite experimentar con pintura condutiva que funciona

sobre multitude de superficies como roupa, mobles, paredes, tea, etc. Estas pintura á auga posúen a propiedade de conducir a electricidade e son axeitadas para crear circuítos brandos e fabricar sensores. É unha actividade ideal para iniciarse na electrónica e a programación, ao mesmo tempo que axuda aos rapaces a poñer en práctica os coñecementos artísticos.

E nesta xornada tamén terá cabida o cine. Os pequenos de todas as idades poderán participar no obradoiro "A maxia do cine". Nunha sociedade onde os rapaces os uns apaixonados de Youtube e dos mundos virtuais por aumentar o seu espazo vital, mostraráselles con este taller como conseguilo, converténdose en protagonistas da súa propia aprendizaxe facendo cameos nas súas películas favoritas.

Posibilidades profesionais da creación dixital: videoxogos e animación

De forma simultánea, celebrouse de 12 a 14 horas dúas conferencias sobre o mundo dos videoxogos e a animación do director e fundador do Congreso Internacional de Animación, Efectos Especiales y Nuevos Media "Mundos Digitales", Manuel Meijide, e o cofundador da produtora audiovisual Illusorium Studios – recoñecido estudio de postprodución nacional especializado en 3D–, Raúl Rocha.

Durante esta sesión de traballo, Mundos Digitales presentou en primicia a nova rede social de Facebook, baseada en realidade virtual e con escenarios recreados pola compañía española Illusorium Studios. Raúl Rocha fará a presentación e repasará os fitos e oportunidades dun proxecto destas características.

 

Ademais, Manuel Meijide impartirá una conferencia na que exporá as posibilidades profesionais que o sector da creación dixital está demandando, centrándose sobre todo na animación e os videoxogos. "O sector dos contidos dixitais atópase nun momento moi doce, no que está demandando profesionais cualificados, por iso debemos orientar á mocidade cara este sector enriquecedor, que engloba creatividade e tecnoloxía, e á vez tan prometedor de cara ao futuro" –explica Meijide–.

464 rapaces participaron nas 45 xornadas celebradas este verán nas Aulas CeMIT de Galicia

O CPEIG e a AMTEGA organizaron nos meses de xullo, agosto e setembro unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos ou películas de animación, enmarcadas no programa "TechKids", destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega. Organizáronse 45 obradoiros nas Aulas CeMIT de diferentes concellos das catro provincias galegas nas que participaron 464 alumnos e alumnas. O seu obxecto foi achegar aos máis novos a industria dos contidos dixitais para ofrecerlle unha visión ampla dos perfís profesionais que demanda o sector, a formación e os estudos polos que deben optar se están interesados nesta saída profesional.

Inscricións: https://cemit.xunta.gal/frm_tech_kids

Consulta de dúbidas: techkids@cpeig.gal