Pasar al contenido principal

Networking en Santiago con Francesc González Navarro, director xeral da Agency for Qualification of Professional Engineers

Francesc González 1

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou o martes, 29 de outubro, a terceira sesión do proxecto tres14.pm, unha iniciativa que nace coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre colexiadas e colexiados e unha persoa relevante para a profesión.

A xornada tivo lugar hoxe ao mediodía no restaurante Ruta Xacobea de Santiago de Compostela. O persoeiro invitado foi Francesc González Navarro, director xeral da Agency for Qualification of Professional Engineers (AQPE), que falou sobre a certificación profesional nun contorno onde cada vez son máis importantes as competencias.