Pasar al contenido principal

O colexio asiste á presentación do IDC de Ferrol

O IDC de Ferrol é un centro de realidade virtual de alto nivel creado para o desenvolvemento de actividades de I+D e a prestación de servizos avanzados ao empresariado galego do sector naval.

Aínda que a infraestructura está dirixida primordialmente a cubrir as necesidades do empresariado galego do sector naval, o estudo de viabilidade prevé que parte da súa actividade sairase dese ámbito. O patrimonio, a museísitca, a medicina, a formación, o entretemento, a ordenación do territorio, a construcción e as obras públicas, serán sectores tamén sbordados polo IDC Galicia.

Teconoloxía virtual

A tecnoloxía do virtual, entre outras cousas, permíteche botarlle un ollo ao futuro, que non é pouco. Isto que semella tan indefinido e xenérico, cobra especial importancia cando se está a traballar en proxectos de envergadura ligados á Investigación e o Desenvolvemento (I+D). Dito doutro xeito: cando o que temos entre mans son iniciativas completamente novas e sen apenas marcos de referencia dos que termar.

De entre todos os sectores do tecido económico galego, se cadra o naval é un dos que máis precisa das tecnoloxías máis avanzadas do virtual, co fin de favorecer ao máximo o estudo e a revisión dos proxectos nun primeiro paso e que deixen marxe logo para un paso máis firme no seu desenvolvemento ou mesmo para cambios de rumbo.

O complexo, que foi presentado onte de xeito oficial pola Consellería de Innovación e máis o dito CTNG, contou cun investimento de partida de 1,3 millóns de euros. O IDC, que chama a atención polo avanzado dos seus elementos encamiñados a favorecer a virtualidade, diríxese sobre todo á prestación de servizos avanzados (entre eles o de formación) ao empresariado galego do sector naval.

O centro abrangue unha superficie de 180 m2 e conta cunha cova totalmente inmersiva de 27 m3, unha sala de desenvolvemento, outra de formación e diferentes equipos portátiles e periféricos. Para ir quecendo motores, o IDC inclúe entre os plans a curto prazo a elaboración dunhas presentacións de realidade figurada dentro da iniciativa Cadivafor, o proxecto dun simulador de Navegación e Manobra, o deseño 3D dun novo buque de recreo e o estudo dun aparello para a xeración de enerxía a partir das ondas do mar.