Pasar al contenido principal

Colaboración no “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades” da Xunta e FEUGA

Galicia2030

O CPEIG colaborou coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) no proxecto “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades”.

Esta iniciativa, pioneira a nivel nacional, analizou, na súa primeira fase, o impacto das tendencias e factores globais de cambio na actividade económica e o emprego da comunidade, e determinou os roles profesionais con máis demanda a futuro en Galicia. Culmina a súa andaina coa presentación do seu último entregable, o informe “Proposta de Novas Titulacións para o Sistema Universitario de Galicia (SUG)”, no que se definen as titulacións que permitirán dar resposta ás necesidades formativas asociadas aos novos perfís profesionais identificados. 

Na web do proxecto (https://galicia2030.es/) poden atoparse o extracto autorizado para a difusión deste documento, onde ademais da definición e caracterización das novas titulacións, recóllense unha serie de recomendacións e conclusións emanadas da interlocución con expertos e a identificación de boas prácticas internacionais de potencial interese para o SUG.