Pasar al contenido principal

Curso de introducción á tecnoloxía Blockchain

Formacion blockchain

Introdución á tecnoloxía Blockchain xunto co resto de Tecnoloxías de Rexistro Distribuído ( DLT) desde cero, tanto nos seus fundamentos básicos como na súa aplicación práctica.

Actividade enmarcada no convenio de colaboración entre o CPEIG e AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica Galega) e conta coa participación de Alastria e da Escola Superior de Enxeñaría Informática.

Realizarase unha preinscripción previa e unha selección final do alumnado do curso para un máximo de 60 participantes. Terán prioridade os membros dos colectivos das organizacions promotoras do curso e das súas colaboradoras (AMTEGA, CPEIG, ESEI, ALASTRIA).

A obtención final da praza comunicaráse o martes día 5 as 13:00 horas.

As sesións quedarán gravadas e realizaranse en modo síncrono dacordo a seguinte planificación:

Programa blockchain

PROGRAMA

1. FUNDAMENTOS

  • Antecedentes da tecnoloxía blockchain: P2P, Criptografía
  • Internet, crise do 2008 e orixe do Bitcoin
  • Ethereum – Smart contracts
  • Consenso e gobernanza
  • Economía descentralizada
  • Perspectivas
  • Caso práctico

2. TÉCNICO

  • Tokens: clasificación, estándares e función
  • As redes: privadas, públicas e permisionadas
  • Diferentes tecnologias de Blockchain
  • Smart Contracts: Nocións básicas de programación para non programadores.
  • Programación Solidity
  • Test e auditoría sobre Smart Contracts
  • Caso práctico

3. FINANCIAMENTO

  • Criptomonedas: Orixe, evolución, análise fundamental e teoría de xestión de carteiras
  • Instrumentos financeiros sobre criptomonedas
  • ICO/ STO – Tokenomics
  • DeFi - Decentralized Finance
  • CBDC - O diñeiro dixital dos Bancos Centrais
  • Caso práctico

4. APLICACIÓNS

  • Análises de procesos para aplicar BlockChain como innovación incremental (aumentar eficiencia aos procesos actuais) ou disruptiva
  • Identidade dixital e activos tokenizados: Impacto en novos modelos de negocio
  • Consorcios en Blockchain: tipoloxía, formación, modelos de goberno
  • Blockchain aplicado a diferentes sectores: banca, finanzas, enerxía, inmobiliario, xurídico/ legal, sanidade, seguros, loxística
  • Caso práctico

5. CONVERXENCIA DE BLOCKCHAIN CON OUTRAS TECNOLOXÍAS

  • IoT e 5 G
  • IA e machine learning
  • Big Data
  • Automatización de procesos industriais
  • Transformación dixital
  • Caso práctico

EQUIPO DOCENTE

LUÍS GARVÍA VEGA
Profesor de Fundamentos. Enxeñeiro Industrial Superior, ICAI. Doutor en finanzas, ICADE. Executive MBA, IESE. Licenciado en Dereito, UNED/UNED. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, UNED/UNED. ÓSCAR LAGE Profesor de Converxencia de Blockchain con outras tecnoloxías. Un xigante europeo con laboratorios intelixentes para cimentar a industria 4.0, instalacións en Europa e América, e 1.500 empregados. Óscar Lage é Responsable Blockchain e de Investigación en Tecnalia.

RAÚL LÓPEZ
Profesor de Aplicacións. Enxeñeiro informático. Máster en Dirección Financeira, ESERP. Supervisa e impulsa proxectos baseados nesta tecnoloxía en múltiples sectores e países como Director Blockchain Lab mundial de Grant Thornton.

WLADIMIRO NAVARRO
Profesor de Técnico. CTO fundador de Finweg. Enxeñeiro superior de telecomunicacións pola Politécnica de Madrid. PDD Programa de Desenvolvemento Directivo de IESE. Tivo postos de responsabilidade en Telefónica, IPSA e Addalia.

ANTONIO RODRÍGUEZ FURONES
Profesor de Aplicacións. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. MBA ( FT), ESADE. Oxford Blockchain Strategy Programme, University of Oxford. Desenvolveu unha ferramenta para anticipar o éxito da tecnoloxía Blockchain nunha empresa.

FRANCISCO JAVIER ROD´RÍGUEZ MARTÍNEZ
Director na Escola Superior en Enxeñaria Informática da Universidade de Vigo. Conta con máis de 18 anos de experiencia en docencia teórico-práctica en diversas materias de grao, máster e doutoramento no ámbito da Enxeñería Informática, en concreto na Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos.