Visitaron tamén o centro educativo e de rescate de fauna salvaxe Corax
O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado sábado, 13 de xullo, unha xornada de convivencia ao aire libre para as colexiadas e colexiados e as súas familias.
Realizouse unha visita á explotación agrícola ecolóxica Orballo para coñecer a etnografía da zona e os seus cultivos ecolóxicos en Donín (Paderne), onde os 70 participantes descubriron os sabores e olores das súas infusións e tés.
Na segunda parte da actividade, os colexiados e familiares xantaron na área do merendeiro de Corax, un centro educativo e de rescate da fauna salvaxe situado tamén no concello de Paderne que visitaron todos os participantes.