Pasar al contenido principal

A enxeñeira informática Ana Freire e a empresa Ilux Visual Technologies reciben distincións nos 3 Premios Nacionales de Ingeniería Informática

3 Premios Nacionales de Ingeniería Informática

O Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática de España (CCII) entregou a pasada semana os  3 Premios Nacionales de Ingeniería Informática no Palacio da Prensa en Madrid.

Na categoría 'Empresa eTICa', o premio recaus na galega Ilux Visual Technologies. O seu director, Manuel Meijide, recolleu o recoñecemento de mans de Juan Luis Ardá, director general de Taisa, e Irene Cid e Eugenio Picón, vogais do CCI.

Pola súa parte, a enxeñeira informática galega Ana Freire recolleu o premio a 'Profesional INgeniera Informática', unha distinción que lle entregaron Wifredo Marín da empresa Teknoservice yeKarina Gibert, vicepresidenta segunda do CCII.