Pasar al contenido principal

Accenture, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do CPEIG, pola súa participación no Programa Nacional de Algoritmos Verdes para o desenrolo dunha IA sostible

Accenture, Premio ODS CPEIG

A compañía tecnolóxica global, con oficinas na Coruña e Vigo, recollerá o recoñecemento na gala da ‘XVII NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 27 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ‘XVII NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia’ de 2025 á consultora tecnolóxica Accenture pola súa participación no Programa Nacional de Algoritmos Verdes, unha iniciativa estratéxica para o desenrolo de intelixencia artificial sostible, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital con fondos europeos Next Generation.

Accenture estase encargando de elaborar a metodoloxía de medición do consumo dos algoritmos de intelixencia artificial xunto con todo o marco metodolóxico do Programa Nacional de Algortimos Verdes. Ademais, está creando as ferramentas de medición, así como o sistema de autoavaliación que se distribuirá ás empresas. Tamén está desenvolvendo o proceso de dinamización do ecosistema, comunicación e creación de eventos e hackatones para axilizar a penetración no mercado.

Entre as ferramentas que está creando Accenture para medir o impacto ambiental dos algoritmos de IA, destacan os modelos e estándares para avaliar o consumo enerxético e a pegada de carbono dos algoritmos, e o sistema de certificación de IA verde, co deseño dun selo de calidade ambiental para algoritmos que servirá para validar boas prácticas e fomentar unha adopción responsable da tecnoloxía.

Este traballo contribúe directamente aos ODS 9 (Industria e Innovación) e ODS 13 (Acción polo Clima), reflectindo a aposta por unha transformación dixital respectuosa co  contorno e conectada coas realidades de cada territorio.

Accenture é unha compañía líder mundial en servizos profesionais que axuda ás principais empresas, gobernos e outras organizacións do mundo a desenvolver o seu núcleo dixital, optimizar as súas operacións, acelerar o crecemento dos seus ingresos e mellorar os seus servizos á cidadanía, creando valor tanxible a velocidade e escala. Conta con máis de 18.000 profesionais en España e ao redor de 801.000 no mundo, e presta os seus servizos a clientes en máis de 120 países. 

Accenture celebra este año o seu 60 aniversario en España. Durante este tempo, a compañía contribuíu ao desenrolo e progreso da economía, axudando ás grandes empresas españolas e á Administración Pública na súa modernización e desenvolvemento tecnolóxico e dixital, xerando a súa vez un impacto positivo na sociedade e a cidadanía españolas. Accenture presta servizo aos seus clientes en España ao longo de toda a península. Concretamente, en Galicia está presente en A Coruña e Vigo.

O managing director responsable do Centro Avanzado de Tecnología de Accenture en España e Portugal, Toni de la Prieta, e a responsable para o sector público en Galicia, Ana Malde, recollerán o galardón na ‘XVII NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos. A NOITE é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar o trabalo desenvolto por enxeñeiras e enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.