Pasar al contenido principal

BG3, a misteriosa e nova compañía de Bill Gates

Gates acompañado por Ballmer durante o seu discurso de despedida

Oficialmente estaba retirado e dedicado enteiramente á fundación Gates, pero o fundador de Microsoft, Bill Gates, creou unha nova e misteriosa compañía chamada bgC3, segundo a prensa estadounidense.

A nova compañía, que xa ten rexistrado o seu dominio en Internet, vai estar dedica a xerar ideas e produtos para Microsoft e a fundación Gates, afirma TechFlash, un blog tecnolóxico de tres veteranos xornalistas do sector.

O nome responde ao acronimo de Bill Gates Company 3, e trataríase da terceira empresa fundada polo gurú do software tras Microsoft e Corbis, unha axencia de venda de fotos e dereitos de imaxes, ademais da Fundación Gates que dirixe xunto á súa esposa Melinda.

A empresa rexistrouse como think-tank (algo así como un banco de ideas) e está clasificada baixo termos bastante vagos como "servizos tecnolóxicos e científicos", "análise e investigación industrial" e "desenvolvemento e deseño de software e hardware".

Documentos oficiais aos que tivo acceso o blog mostran que a compañía se creou en marzo deste ano co nome de Carillon Hóldings, pero cambiou a bgC3 o pasado 10 de xullo, dez días despois de que Gates deixase o seu posto en Microsoft. As oficinas, situadas preto da residencia de Gates, están equipadas coa tecnoloxía máis punteira de Microsoft, como ordenadores con pantalla táctil.