• O prazo de candidaturas estará aberto ata o 26 de abril
• O gañador recibirá 1.000 euros, e os tres finalistas un ano de colexiación gratuíta
A entrega da distinción terá lugar na gala da XVIII NOITE da Enxeñería en Informática que celebrará o Colexio o 12 de xuño en Santiago
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a décimo sétima edición do Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática. O galardón, que se entregará no marco da XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia o vindeiro 12 de xuño en Santiago –Hotel OCA Puerta del Camino–, quere ser un estímulo para os estudantes e titulados recentes no Máster en Enxeñaría en Informática.
Tal como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o Traballo Fin de Máster en Enxeñaría en Informática nos anos 2024, 2025 e 2026. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do traballo, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 26 de abril ao enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura pódense atopar na web colexial ou nos portais web das tres facultades que imparten a titulación.
Mediante a convocatoria do premio, o Colexio busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes. Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación gratuíta. O gañador recibirá, ademais, unha gratificación económica de 1.000 euros. Unha comisión experta, integrada por representantes do CPEIG e das tres universidades galegas, valorará os traballos recibidos e seleccionará o traballo gañador. O fallo farase público a través da web e redes sociais do Colexio.