Pasar al contenido principal

Os casos de fraudes informáticas e de acoso por Internet dispáranse

Escudo do Corpo Nacional de Policía

El comisario xefe da Brigada de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía, Manuel Vázquez, advertiu onte nunacto celebrado no Club Financeiro que o seu departamento está a detectar un aumento de delitos informáticos, entre os que predominan a fraude, así como tamén un repunte nas denuncias por ciberacoso.

Vázquez, que participou na xornada "Seguridade na información", explicou que a maior parte dos delitos que se cometen a través deinternet "son os clásicos", en alusión aos que teñen un móbil económico.

O comisario xefe diferenciou entre tres tipos de fraudes: os relacionados co uso de tarxetas de crédito para adquirir diversos bens, os que teñen que ver con operacións de compravenda a través de internet, e os casos de phising, onde os delincuentes conseguen as claves de contas bancarias.

En canto aos casos de acoso na rede, Manuel Vázquez asegurou que a Policía Nacional está a constatar tamén un incremento de denuncias por este motivo, como por exemplo o ciberbullying ou mesmo o grooming. Acerca desta última modalidade, Vázquez alertou de que se trata dun "acoso a menores con intencionalidade sexual" que se realiza a través do messenger para captar, por exemplo, imaxes de tipo pornográfico.

En relación á pornografía infantil, outro dos delitos frecuentes no ámbito informático, o comisario xefe da Brigada de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía explicou que se ben as prácticas de pedofilia "existiron sempre", agora se aproveita o anonimato que "brinda o ordenador" para acceder e mesmo compartir ese tipo de contidos.

Delitos a menores

A este respecto, destacou que "é bo" que transcendan as operacións contra a pornografía infantil en internet, nas que adoitan rexistrarse un elevado número de detidos, porque trasladan á opinión pública a conciencia de que se trata dun delito grave". En todo caso, recordou que o fin último é "liberar" os menores que poidan estar a sufrir este tipo de abuso.

En relación ás vítimas, o comisario xefe indicou que en España non se ten coñecemento de demasiados casos dado que, da análise das imaxes analizadas, se desprende que a maior parte dos nenos e adolescentes están noutros países.

Aparte das fraudes e os delitos de pornografía infantil na rede, entre as infraccións máis frecuentes atopan as que van en contra a propiedade intelectual e os ataques a sistemas informáticos.