Pasar al contenido principal

Comunicado do CPEIG en relación Plataforma Galega pola Defensa das Enxeñarías en Informática

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), coñecedor da iniciativa da Plataforma Galega pola Defensa das Enxeñarías en Informática, quere manifestar que o obxectivo co que se constitúe esta Plataforma, a Consecución da Regulación Profesional e Académica das Enxeñarías en Informática,  é tamén un obxectivo compartido por este colexio.

E así quere declarar, por tanto, a súa sinerxia con esta iniciativa e con calqueira outra que neste senso se desenvolvan en aliñamento coas accións e iniciativas que este colexio desenvolveou e está a desenvolver no mesmo eido, e sempre baixo o máximo respeto e acatamento dos principios democráticos, de cumprimento e observamento da legalidade  e dos principios cívicos e de convivencia.