Pasar al contenido principal

O CPEIG aborda a liberación de datos no Congreso de Enxeñaría Informática da Comunidade Valenciana

Logotipo Colegio Profesional de Ingenieria en Informática de la Comunidad Valenciana (COIICV)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará o vindeiro xoves, día 26 de abril, cun relatorio sobre Open Data no VIII Congreso da Enxeñaría Informática da Comunidade Valenciana, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática desa comunidade.

Baixo o epígrafe de OpenData en España. Contribución do Proxecto de Lei de Transparencia ás tecnoloxías e datos abertos, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, intervirá pola mañá na Fundación Bancaja.

Outros dos oradores serán o secretario autonómico de Formación e Emprego do Goberno valenciano, Santiago Martí Alepuz; o secretario do Colexio Oficial de Enxeñaría da Comunidade Valenciana, Juan Pablo Peñarrubia; Adrián Ballester Espinosa, deputado de Modernización da Deputación de Alacante; José Luís Fernández Aullón, director comercial de Recol Networks; e José Abellán Huerta, director de Operacións e Calidade de Prodevelop