Pasar al contenido principal

O sector das tecnoloxías da información e das comunicacións necesita xenerar mais I+D

Terceira sesión do foro 'Galicia na sociedade do coñecemento'

Velaí unha das conclusións do foro de debate "Galicia na sociedade do coñecemento" que finalizou esta tarde no Consello da Cultura Galega e que abriu o camiño a outros cinco -o do mes de maior aanalizará críticamente a paisaxe- cos que, ao longo do ano, a institución conmemorará os seus 25 anos (1983-2008).

Fernando Pérez González, director do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia, apuntou que o sector TIC galego representa un 4 por cento do total español cun cremento do 8 por cento no período 2003-2006, cando esa taxa só acadou no mesmo tempo o 3 por cento no coxunto das empresas. Un dos problemas radica en que a actividade auténticamente I+D segue a ser baixa, o sector está pouco cohesionado e a participación en programas nacionais e euroepos de I+D+i e prácticamente nula. aA eso hai que sumar a escaseza de recursos humanos cos que acometer os novos desafíos, por causa do descenso de estudiantes nas enxeñerías e as dificultades para axustar a oferta do sistema público de I+D á demanda empresarial.

Neste marco Fernando Pérez González apostou por xenerar I+D botando man das universidades e dos centros tecnolóxicos. "A decisión da Administración galega de crear os Centros Tecnolóxicos das Telecomunicacións e do Software enche un oco existente no sector e contribuirá a crear novas "carballeiras de coñecemento" que a medio e a longo prazo abrirán mais oportunidades de negocio para as empresas galegas", dixo.

Con este plantexamento coincidiron esencialmente os retrucantes. Luís Castedo, da Universidade de A Coruña, insistiu na importancia dos recursos humanos como elemento fundamental das TIC e, a propósito das aportacións públicas ao sector, recordou que o peso da investigación básica finánciase a nivel mundial conm fondos públicos. Tanto na Unión Europea como nos Estados Unidos de Norteamérica.
José Luís Fernández Carnero, director de Estratexia de Televés fixo fincapé na necesidade de contar con empresas de maior peso e, por suposto, con maior capacidade competitiva.

Globalización

Pola mañá tres economistas protagonizaron a sesión dedicada a "Galicia e a globalización". Guillermo de la Dehesa, presidente director do Centro de Investigación en Economía Política do Reino Unido, defendeu a necesidade de sacar proveito das vantaxes da globalización e destacou as transformacións realizadas en Galicia nos últimos 25 anos, se ben precisou que "temos por diante aínda un longo camiño para mellorar os niveis de productividade".

De la Dehesa lembrou que esas melloras poden conseguirse por tres vías: aglomeración do poboación coas súas concentracións de vivendas, lugares de traballo e servicios; acumulación de capital físico (bens de equipo e infraestructruras) ou aumento capital humano. Neste senso non deixou de subliñar o feito de que o paro dos titulados superiores acada en Galicia o 10 por cento mentras no conxunto español está no 6 por cento.

Felipe Serrano, da Universidade do País Vasco explicou as características do que chamamos globalización, un proceso con antecedentes históricos, por exemplo, na liberalización vivida entre 1875 e 1914 e lembrou que, en calquera caso, o proceso globalizador é cousa de poucos e o groso do comercio está protagonizado polos países desenvolvidos.

Santiago Lago, da Universidade de Vigo, retrucante dende a posición galega, apostou por máis e mellores programas de formación contínua no obxectivo de incrementar o capital humano.

O foro foi coordinado por Domingo Docampo e Xosé Carlos Arias, profesores da Universidade de Vigo. O seguinte, programado para os días 8 e 9 de maio, estará orientado ás "Olladas críticas sobre a paisaxe" e será coordinado por Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega.