Pasar al contenido principal

O CPEIG ofrécelles colaboración á nova directora da ESEI da Univ. de Vigo e ao novo decano da Facultade de Informática da UDC

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2012.-  O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) quere felicitar publicamente á nova directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Ana Garriga, e ao novo decano da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, Luis Hervella. Ambos os dous ostentan os seus novos  cargos desde hai uns días, despois de gañar as eleccións celebradas nos seus respectivos centros.

O ente colexial manifesta a súa total dispoñibilidade a colaborar e abordar futuros proxectos ao redor da Informática e os seus profesionais cos novos cargos electos e os seus respectivos equipos de goberno. Así mesmo, deséxalles moita sorte no cometido das súas funcións.

O CPEIG traballa regularmente  con ambos centros en distintas materias, como son a elaboración dos plans de estudo, actos institucionais e outros eventos. O colexio agarda estreitar aínda máis esa relación nesta andaina que se abre cos novos equipos directivos.