Pasar al contenido principal

INYCOM organiza un obradoiro de traballo sobre Análise e Previsión de Vendas o vindeiro 23 de Maio

Símbolo do CPEIG

Inycom, empresa colaboradora do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), organiza un obradoiro de traballo gratuíto para dar a coñecer solucións de análise que resulten de utilidade para aquelas persoas que toman decisións nas organizacións. A xornada realizarase o vindeiro día 23 de maio en Coruña.

Os asistentes poderán intercambiar experiencias e coñecer solucións de análise que lles axuden a mellorar as súas vendas en relación a:

  • Situación das vendas, por área de empresa, liña de produto, zona xeográfica e principais clientes.
  • Cumprimento de obxectivos presupostados.
  • Evolución das vendas por períodos e comparativa respecto a outros exercicios.
  • Análise por grupo comercial e xerentes de conta ou vendedor.
  • Ratios de éxito e período de maduración do ciclo de venda.
  • Situación das oportunidades
  • Previsión de vendas a curto/medio prazo

As persoas interesadas en asistir ao curso poden inscribirse no mesmo na web de Inycom (www.inycom.es).

Máis información sobre Inycom

Inycom conta con máis de 30 anos de experiencia, ofrecendo solucións e servizos de valor engadido en Tecnoloxías da Información e Comunicacións, Analítica, Electrónica e Medicina. A súa decidida aposta pola innovación, a través do desenvolvemento de proxectos de I+D+i, a calidade na xestión mediante a aplicación dun Sistema de Xestión baseado na excelencia empresarial, e a crenza nas persoas como xeradoras de valor fixeron de Inycom un referente en cada un dos sectores aos que dá servizo.