A Consellería de Innovación e Industria da Xunta creou un espazo na rede para as pequenas e medianas empresas.
O conselleiro Fernando Blanco, que presentou o novo portal, destacou a intención de pór a disposición das pequenas empresas todos os servizos de información e comunicación que as faga máis competitivas a nivel internacional. Así, o novo espazo online conta cun rexistro gratuíto a través do cal as compañías interesadas poderán acceder a un amplo abanico de servizos.
Entre elas, destaca a opción de que os empresarios galegos interactúen entre si, a través do espazo Enterpemes, que ofrece videoconferencias, chat e foros; ou un espazo onde poder colgar ofertas, servizos ou datos de contrato.
Outro dos apartados de GaliciaPMS é o dedicado aos Programas e Servizos, que ofrece información sobre axudas, subvencións, concursos e programas. Ademais, toda a nrmativa e docuymentación necesaria para a xestión e organización da empresa atópase neste novo espazo.