Pasar al contenido principal

O CPEIG, entidade colaboradora do congreso GALICIATIC, que terá lugar o 14 de outubro en Santiago de Compostela

Símbolo do CPEIG

Galiciatic, congreso no que se amosa o avance tecnolóxico do sector TIC e que serve tamén de plataforma de debate sobre o mesmo, terá lugar o vindeiro 14 de outubro e, entre outras entidades colaboradoras, contará co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

As novidades da presente edición estarán en relación á transformación dixital das organizacións (Big Data, Mobile Cloud e IoT) e tamén sobre as tecnoloxías máis innovadoras que desenvolven empresas galegas. 

Como nas dez edicións anteriores, daranse a coñecer as tendencias tecnolóxicas máis avanzadas da man de empresas que son referentes TIC a nivel mundial e cuxo coñecemento contribuirá a perfilar novas estratexias para o empresariado galego do sector.

Ano tras ano, o encontro conta cunha ampla acollida entre os profesionais do eido  TIC de Galicia polo prestixio dos conferenciantes e as experiencias que reúne.

Galiciatic terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.