Pasar al contenido principal

Condicións especiais para as persoas colexiadas en asistencia sanitaria ao abeiro do acordo con ASISA

Firma ASISA

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Asisa, Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, veñen de asinar un acordo de colaboración que oferta condicións especiais para as persoas colexiadas e os familiares directos (cónxuxe/parella de feito e fillos) das mesmas.

Entre as condicións especiais, destaca a cobertura para Pet e TAC, a segunda opinión médica, medicina preventiva e as condicións para a asistencia en viaxes, ademais da póliza e franquicias dentais.

O acordo rubricárono o director comercial e de marketing de Asisa, Jaime Ortiz Olmeda, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.