Pasar al contenido principal

O CPEIG renova o convenio coa Universidade Europea

Firma UEM

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) continúa coa sinatura de diversos acordos con entidades a prol de mellores e máis vantaxes para as persoas colexiadas. Nesta ocasión, a alianza é coa Universidade Europea de Madrid, o Centro Profesional Europeo de Madrid, o Centro de Educación Superior de Valencia e a Universidade Europea de Canarias.

Ao abeiro do acordo, as persoas colexiadas poderán acceder de balde ás probas de ingreso nas titulacións que ofrece a Universidade Europea nos seus centros. Dese xeito, o aforro ascende a 130 euros por matrícula, prezo público e oficial das probas de acceso.

Así mesmo, o texto do convenio contempla un desconto do dez por cento sobre docencia na meirande parte das titulacións de grao, posgrao e ciclos formativos de grao superior da Universidade Europea.

Rubricaron o acordo o pasado 22 de outubro Fernando Suárez, presidente do CPEIG, e Leticia Antón, por parte da Universidade.