Pasar al contenido principal

O CPEIG, convidado á noite galega das telecomunicacións e a sociedade da información

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asistirá esta noite (venres, 24 de outubro) á Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, gala que organiza o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia na Illa da Toxa.

Ao enviar o seu máximo representante á gala, o CPEIG amosa un aceno de amizade cara a un colectivo, o dos enxeñeiros de Telecomunicación, cun destacado papel tamén na sociedade da información. 

A décimo novena edición da Noite Galega das Telecomunicacións estará dedicada a analizar a relación entre a sociedade dixital e a saúde, e contará coa presenza de diferentes autoridades e representacións, ademais de profesionais das TIC de diversos sectores, coma o sanitario, farmacéutico, loxístico, de equipamentos tecnolóxico e de compañías de seguros médicos.