Pasar al contenido principal

APD explica "O mundo que vén" nun encontro o vindeiro día 16 de decembro

Símbolo do CPEIG

A Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) organiza o vindeiro día 16 de decembro en Santiago de Compostela o encontro O mundo que vén. Aqueles colexiados e colexiadas que desexen asistiren terán que inscribirse a través do portal web de APD http://www.apd.es/Inicio/Actividad.aspx?i=C147048&zona=70, empregando o código de convite que figura na penúltima páxina do folleto.

Hiperconectividade, globalización e un proceso de aceleración tecnolóxica constante poderían ser, a xuízo de APD, tres dos principais trazos definitorios do novo "mundo que vén". "Atopámonos nunha era de profunda transformación con notables repercusións nas súas catro grandes dimensións: social, política, económica e medioambiental", apunta a asociación no programa da xornada.

Un selecto elenco de relatores explicará cada unha desas dimensións no encontro O mundo que vén, que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións compostelán coa colaboración do Igape.