Pasar al contenido principal

A Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense recibe ao colexio

Logotipo da Universidade de Vigo.

Na reunión, o colexio expresou o seu agradecemento ao director polo apoio e a participación na Asamblea constituinte do colexio, no pasado mes de decembro. Así mesmo, o colexio expuxo os obxectivos, as principais actividades e a situación actual da entidade.

Os principais temas abordados foron a implantación dos novos títulos de grao e postgrado e o futuro das demandas en sectores TIC en relación ao número de titulados tras as últimas novas aparecidas na prensa.

Tras expoñer a súa preocupación pola pouca cantidade de estudantes que solicitan os estudos de Enxeñaría en Informática, o director da escola explica a titulación de grado da ETSEI con especial atención no que atañe ao trasvase de alumnos entre distintas titulacións. Propón que o Comité Asesor para a definición de titulacións, no que está presente o CPEIG, valore os distintos apartados das titulacións de grado para así ter unha visión xeral. Tamén expuxo que poderán ter ata 3 grados máster e que actualmente está implantado un máster en software libre.

Despois de amosar o calendario previsto para o título de grado, Enrique Barreiro explicou que nos coñecementos transversais, valoraranse nun porcentaxe bastante alto en cada asignatura, propón dun mínimo do 30%, as aptitudes como o traballo en grupo ou as presentacións e charlas en público. Tamén propón unha formación do profesorado neste tipo de aptitudes e a proposta de cambio da asignación de profesores a asignaturas con respecto ao vello funcionamento.

O Presidente do CPEIG expuxo o interese do colexio por un observatorio da profesión. O Director amousou o se acordo na utilidade dun estudo así, pero tamén que por ahora en Ourense non dispoñen de estadísticas de este tipo para realizar un seguemento dos/das titulados/as.

Os representantes de ambas entidades debatiron sobre posibles eidos de colaboración como son a bolsa de emprego do colexio, a participación en charlas, conferencias e coloquios, a organización por parte do CPEIG de visitas a empresas dos alumnos da escola, a elaboración de propostas formativas complementarias ás académicas, a participación do colexio no acto de fin de carreira, etc.

Como resultado da reunión, amosouse o interese de ambos organismos na realización de reunións periódicas para fomentar a comunicación e colaboración entre ambas, así como a inmediata redacción e sinatura dun convenio que plasme esta vontade de colaboración.