Pasar al contenido principal

O CPEIG participou nas xornadas de inspección educativa, celebradas no MUPEGA

MUPEGA

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participou nas Xornadas de Inspección Educativa, celebradas o pasado día 16 de decembro. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, inaugurou  o encontro, que tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), en Santiago de Compostela. 

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, presentou, coa colaboración de Víctor Salgado, do despacho Pintos&Salgado, a Guía LOPD IES, elaborada para difundir a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e dirixida aos profesionais que traballan nos centros de ensino: profesores, directores de centros e administrativos.

Competencias dixitais

A prol dun desenvolvemento efectivo da Sociedade da Información, o CPEIG promove actuacións dirixidas ao eido educativo, coa finalidade de complementar a formación dos docentes e do resto da comunidade educativa para que adquiran as competencias dixitais necesarias a prol dunha correcta integración das TIC nos centros.

Cómpre lembrar que o CPEIG impulsou xa distintas accións encamiñadas a introducir ou consolidar as TIC nos centros de ensino, dentro do espazo Abalar, como son o  programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo, dirixido a que os rapaces fagan un uso seguro da Internet, e o novidoso Programación nas Escolas, que introducirá programación informática nas aulas.