Pasar al contenido principal

Encontro entre o Delegado do Goberno en Galicia e o Presidente do CPEIG

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, entrevistouse o pasado luns, día 22 de decembro, con Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia. Na xuntanza, que se desenvolveu na sede da Delegación do Goberno na Coruña, o máximo representante do CPEIG relatoulle a Villanueva os proxectos do Colexio e convidouno a asistir á nova edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 2015.

Fernando Suárez fíxolle ao delegado do Goberno un relato polo miúdo das inquietudes do colectivo das enxeñeiras e enxeñeiros informáticos, e trasladoulle as súas reivindicacións como profesionais, así como a importancia do papel que desempeñan no desenvolvemento da Sociedade da Información.

No encontro, Fernando Suárez fíxolle entrega a Santiago Villanueva dunha placa conmemorativa da xuntanza en nome de todas as persoas colexiadas.